Táboas de exercicios

Consellos para adestrar ben
Fase de quecemento
Fase de trote
Fase de esprinte
Fase de contrarreloxo

Consellos para adestrar ben

Unha rutina de exercicios, non se interioriza se tentas facer todo de vez. Hai que ir aos poucos para que non remates deixándoo nas primeiras dificultades. Así que, Keep calm and speak galego. Cólleo con entusiasmo, non che digo que non, pero tampouco pases de 0 a 100 en 2 segundos.

Despois, vai vir outra parte do adestramento: os resultados 😱. A ver, saír vas ter que saír fóra a falar galego. As linguas está para o que están: comunicar e comprender unha forma específica de ver o mundo. Aí fóra hai de todo: xente que te vai axudar e outra, como di Belén Regueira, que estorban.
Aquí imos prepararte para que saias na mellor das condicións físico-verbais posibles. Con todo, vas ter que experimentar no teu propio corpo, circunstancias de todo tipo, boas e malas. O mellor é levalas con actitude retranqueira.

Así que, sen medo e con humor sae aí fóra e fálao.
Fronte ao espello, para ver como te sentes con esa nova lingua do trinque.
Na rúa, se tes oportunidade de estar nalgún lugar onde se fala galego (ollo cos repugnantes).
Na rede, para aquela xente que non pode falar cara a cara con galegofalantes.
Nesta expedición non ides estar sós ou soas: haivos unha tribo disposta a vos axudar. Un exército de persoas aliadas que vos van a botar unha man.

Fase de quecemento

Aquí ímonos centrar nos elementos básicos que fan que un verbo irregular sexa irregular:

Base verbal
(dos tempos de presente ou de pasado)
+
Vogal temática
+
Desinencias dos tempos verbais
Non te preocupes polos nomes tan raros que teñen. No noso ximnasio non queremos encher a túa cabeza cunha morea de datos. Simplemente, imos amosarche como funcionan os verbos irregulares para que despois traballes ao teu xeito. Ademais, coñecer estes mecanismos poden ser útiles para aprender outras linguas. Así, comparando unha lingua con outras, vaiche valer para comprendelas máis axiña.
Para conseguir isto, imos traballar por separado os diferentes compoñentes:


Coa repetición dos movementos, vas acabar por naturalizalos. Así que, coidados coas costas e os xeonllos e imos aló! ✊

Fase de trote

Que tal a experiencia? Foron ben os estiramentos con estes verbos?
Espero que todo fose ben. En caso contrario, volve outra vez a repasalos e de seguro que rematarás por acostumarte a eles. Non teño dúbida.
Despois das estiradas e quecer un chisco, comezaremos a camiñar paseniñamente. Colleremos ritmo, moveremos os brazos para nos dar impulso, sen esquecer que temos que erguer ben os pés. Isto vai evitar algunha tendinite, por mor dalgún destes verbos enrabechados.
Se lle queres botar un ollo rápido ao que recomendabamos sobre estes verbos, antes de comezar, aquí tes un resumo:
Non te esquezas de respirar e compasar os teus brazos para te impulsar 🏃 🚃

Fase de esprinte

É hora de aumentar o ritmo 🚄
Ata o de agora vimos de formas separada os diferentes compoñentes dos verbos irregulares. Que che parece se os remexemos ben e xuntámolos todos?
Toca apretar os dentes e dar alancadas con todas as túas forzas 👍

Fase de contrarreloxo

Chegamos a etapa final do noso programa de adestramento. Que tal a experiencia? Notas melloras?
Como estamos feitos de tempo, imos loitar contra el. Nada do outro mundo, ou! A ver se es capaz de facer a seguinte proba en menos dun minuto.
Agardo que todo isto che fose de utilidade. Se chegaches ata aquí, a miña noraboa 👏