Procura de verbos

Instrucións de uso
Trucos para aprendelos axiña?
Verbos irregulares

Instrucións de uso

A dúbida é o comezo da sabedoría, así que no noso ximnasio tes a túa disposición a listaxe completa dos verbos de alternancia vocálica.
Por unha banda, estes verbos mudan determinadas vogais do Presente de indicativo. En moitas ocasións, van aparecer as vogais abertas /ɛ/ e /ɔ/, así que, imos marcalas do seguinte xeito:

Sɛrves Sɔbes

Pola outra, tan só imos proporcionarche o Presente de indicativo e o imperativo. O motivo é sinxelo: nestas formas verbais é onde se localizan os cambios vocálicos. O resto queda igual cós verbos regulares.