Xogos
Xogo 1: ordena palabras Xogo 2: completa o diálogo Xogo 3: completa |
O nivel Sés é o último chanzo no noso ximnasio. A partir de agora, xa non nos vas necesitar para continuar a aprender os verbos en galego. Tes as ferramentas básicas para ir pola túa conta e facer o que che pete. Se conseguiches chegar ata aquí, tes que ter unha cousa clara: non hai nada que che impida falar galego. Así que non teñas vergonza e vai latricar coa xente.
Despois de horas e horas no ximnasio, é o momento de nos meter na fariña das conversas. Precisamente, o obxectivo desta sección foi elaborar exercicios para te preparar para estas situacións. O problema está en como facelo. Por iso, imos necesitar da túa axuda para que nos orientes sobre cales son as túas necesidades.
En fin, quen moito parola fai pouca obra 😂