Como atopar o xeito?
Que son os verbos irregulares?
Posiblemente sexa o máis temible de calquera lingua románica 👻. Trátase dun grupo reducido de verbos, inda que moi usados, que se caracterizan por ter certas irregularidades na súa base verbal, ao longo da súa conxugación. Malia todo, esas mudanzas seguen certos padróns que che van axudar a aprendelos máis axiña.
Para pór a proba a túa maña con estes verbos, que mellor que practicar co
presente de indicativo dalgúns dos verbos irregulares máis usados 💪 🏆.
Non lles teñas medo e xoga unhas partidas para que comprobes o doado que son.
Estar | Haber |
Ir | Ser |
Sinxelo, non si? 😉
Vaiamos un pouco máis alá. Agora imos mesturar as formas verbais do presente dos verbos ter e facer. Non te preocupes, que
vas dar feito, ou! 😇.
Ter e facer |
Como foi a cousa? Simple ou xa un chisco máis complicada?
Despois de facer estas actividades, conseguiches cazar algo que se repita nestes verbos?
👽
Cales son os verbos irregulares do galego?
Os verbos irregulares en galego máis importantes son os seguintes: caber, dar, dicir, estar, facer, haber, ir, parir, poder, poñer/pór, pracer, querer, saber, ser, ter, traer, valer, ver, vir.
Existen trucos para aprendelos axiña?
Siii 🎉, para isto vas ter que te converter nun/ha cazadxr de pautas nos verbos irregulares.
Onde vas ter que procuralas? Pois teste que fixar
na base dos verbos.
Determinados tempos verbais comparten este elemento, total ou parcialmente, seguido das mesmas desinencias
dos verbos regulares.
Malo será que non deas coa solución 😎.
Conforme ás similitudes e diferenzas que hai entre a base verbal dos diferentes tempos, podemos xuntalos en dous grandes grupos:
- Os tempos do presente reúnen os seguintes tempos verbais: presente de indicativo, copretérito, futuro, pospretérito, presente de subxuntivo, imperativo, infinitivo, xerundio, participio.
- Os tempos do pasado agrupan os seguintes tempos verbais: o pretérito (ou indefinido), o antepretérito, o pretérito de subxuntivo (ou subxuntivo II) e o futuro de subxuntivo.
Como podo pór en práctica estes trucos?
Tentarei que te convertas nunha Temperance Brennan ou nun Sherlock Holmes dos verbos
irregulares 🔍. Terás que asexar por todas as fendas 👀 para dar coas chaves 🔐
que che permitan construír estes verbos dun xeito sinxelo.
Xa verás que con poucos datos es capaz de facer case todos os tempos verbais. Nada mellor que pórse a practicar
con eles para toparlles a lóxica.
En realidade, trátase de facer unha suma dos seguintes elementos:
Base verbal (dos tempos de presente ou de pasado) + Vogal temática + Desinencias dos tempos verbais |
Cal é a base verbal dos tempos de presente? |
Atoparala na 1ª persoa do plural do presente de indicativo. Non obstante, tes
que andar con tino, porque algunhas veces estes verbos teñen preparada algunha falcatruada das súas.
Vou coller un exemplo para que vexas todo o proceso.
Presente de indicativo |
(eu) poño, (ti) pɔs, (el ou ela) pɔn, (nós) poñemos, (vós) poñedes, (eles ou elas) pɔñen |
Copretérito |
(eu) poñía, (ti) poñías, (el ou ela) poñía, (nós) poñiamos, (vós) poñades, (eles ou elas) poñían |
Futuro |
(eu) poñerei, (ti) poñerás, (el ou ela) poñerá, (nós) poñeremos, (vós) poñeredes, (eles ou elas) poñerán |
Como a mestra de todo é a experiencia, tócache practicar. Boa sorte!
Cal é a base verbal?
Como foi o exercicio? Todo ben?
Antes de continuar, querería que te fixase nunha pequena anomalía.
Imos coller unha forma ao chou:
- (ti) poñerás
Efectivamente, poñ-. Nada novo.
Ora ben, de seguro que te decatarías que en todo o futuro do verbo poñer tamén hai outro elemento que se repite, con algunha variación:
- -rei, -rás, -rá...
Se non te fías de min, podes contrastar os feitos. Vai dar unha volta por un verbo regular da 2ª conxugación e fíxate en como se fai o futuro.
Inda non estás convencidx? Vai á nosa base dos verbos irregulares e investiga como son as formas de futuro.
Que tal agora? Non hai ningunha dúbida? 😇 Agora, como nas boas series de televisión, vén un xiro dramático dos acontecementos: decatacheste do que había entre a base do verbo e o compoñente que marca que o verbo está en futuro?
Non toleei, ou! Investiga, investiga. Deixoche unha guía: 👇
-
1. Un verbo regular da 2ª conxugación: varrer
2. Outro verbo regular da 1ª conxugación, non vaia ser o demo: andar
3. E como contrapunto, escolle ao chou algún verbo irregular calquera
Cal é a base verbal dos tempos de pasado? |
Como sempre, tes que partir da 1ª persoa do plural para construír todos os tempos do pasado. Con todo, non todo o mar é peixe: haiche complicacións, como os verbos vir e ver.
Daquela, vou coller o verbo ir, como exemplo, para que vexas como son os pasos que hai que seguir para construír todos os tempos do pasado.
Pretérito de indicativo |
(eu) fun, (ti) fuches, (el ou ela) foi, (nós) fomos, (vós) fostes, (eles ou elas) foron |
Antepretérito ou Antepretérito |
(eu) fora, (ti) foras, (el ou ela) fora, (nós) foramos, (vós) forades, (eles ou elas) foran |
Pretérito de subxuntivo |
(eu) fose, (ti) foses, (el ou ela) fose, (nós) fósemos, (vós) fósedes, (eles ou elas) fosen |
Que tal? Quedouche claro? Pois agora imos a xogar a montar as pezas destes tempos verbais.
Unha cousa máis, antes de avanzar: como van as túas pescudas
sobre o que deixamos a medio facer ☝.
Non me collas unha rabecha, aquí tes a solución 👇
Cal é a vogal temática? |
Nas boas series de intriga, os detalles son a chave para descubrir o que sucedeu e os seus motivos. Ou ben, son datos que nos
decatamos deles, pero que non sabemos como fialos, ou ben son detalles tan agochados, que nin sequera reparamos neles.
Se exploraches un chisco a actividade que che propuxen máis arriba,
verás que hai unha letra que está en azul. Velaquí o detalle chave na nosa trama sobre os verbos irregulares:
a vogal temática.
Este elemento é a cola das diferentes pezas dos verbos. Une a base do verbos coas
diferentes desinencias que marcan os tempos verbais e as persoas.
Con todo, tes que ter en conta que non todas as formas verbais teñen vogal temática. A 1ª persoa do singular do presente de indicativo e
todo o presente de subxuntivo non teñen vogal temática. Ten en conta isto, non o esquezas.
Non obstante, cal é motivo de que lle estea a dar esta importancia?
O asunto está en que a base do verbo xunto coa vogal temática (nos casos que haxa, claro) é o elemento que se repite
constantemente nos verbos irregulares. Para entendernos, é o mecanismo que che vai permitir que con moi poucos datos (o presente de indicativo e
o pretérito de indicativo) poidas saber todos os tempos verbais.
Os verbos irregulares son como as ofertas 2x1 dos supermercados. Cun verbo irregular estás a levar dous:
- (i) unha base + vogal temática para os tempos do presente
(ii) unha base + vogal temática para os tempos do pasado
Varr |
base verbal + e | vogal temática + ra | Desinencia do tempo verbal |
Un momento... O infinitivo deste verbo tamén ten a mesma vogal: varrer. Será unha casualidade? Ti que pensas?
Vou coller outros exemplos: saudastes e subistes. Os seus infinitivos son: saudar e subir. Tamén coinciden. Cal será a explicación?
É doada. Vou comezar facéndoche unha pregunta: de que conxugación son saudar, subir e poñer? A resposta tela aquí.
Como ves, a vogal temática é quen define a que tipo de conxugación pertence cada verbo e mantense constante, en boa parte dos tempos verbais (ollo con pór, vir e ver, entre outros).
Ata o de agora vimos como se comporta a vogal temática nuns cantos exemplos. Pero o que fai un, fai máis, así que é hora de se pór a facer uns centos 😱 😹
Cales son as desinencias verbais? |
Os verbos son como pezas do LEGO. Unhas vanse encaixando nas outras. Primeiro,
ponse a base do verbo, despois a vogal temática (en caso de que haxa) e, por
último, as desinencias para indicar o tempo verbal e a persoa.
Como imos aprender as diferentes desinencias dos verbos, pois xogando ao diábolo ✌
Para lle pór o ramo aos verbos irregulares, imos facer o último malabarismo co noso diábolo. Agora imos xuntar todas as pezas dos verbos.
Boa sorte co resultado!