Procurar
Os verbos son a estada principal de moitas linguas.
Necesitámolos para comunicar calquera feito. Moitas veces, as súas
formas son irregulares. Nisto, o galego non é unha excepción. Con
todo, haiche moitos trucos
que facilitan a súa aprendizaxe.
No noso ximnasio xuntamos todas as formas irregulares dos verbos
do galego, segundo o seu grao de dificultade:
- Verbos de alternancia vocálica. Son os máis sinxelos. As mudanzas aparecen nalgunhas persoas do Presente de Indicativo, na que se mudan algunhas vogais da base verbal. O resto queda igual. Por exemplo: o presente do verbo fuxir: eu fuxo, ti foxes, el foxe, nós fuximos, vós fuxides, eles foxen. (+ Info).
- Verbos irregulares. Son un número pequeno de verbos que se caracterizan por non seguir as regras dos verbos regulares. Sonche os inadaptados da lingua galega e teñen as súas propias normas. Non obstante, non lles tes que ter medo por ser diferentes. No noso ximnasio ensinarémosche como entendelos. Vas aprender uns pequenos trucos para que con moi poucos datos poidas construír todos os tempos verbais. (+ Info).
Escolle unha opción:
Ollo ao piollo!
Xa sabes que o galego ten sete vogais: a, e, /ɛ/,
i, o, /ɔ/, u. Para facilitar a
pronuncia do e aberto e do o aberto, imos
destacar en negra ambas as dúas vogais en todas as formas
verbais da nosa base de datos.
Que non te lembras como se pronuncian? Pois haberá que facer un
chisco de orella, non! A continuación, tes algúns exemplos que te
poden axudar:
aberto [aˈβɛɾto] |
|
abofé [aβoˈfɛ] |
|
illó [iˈʎɔ] |
|
capó [kaˈpɔ] |
|